2012-01-17

Entroido

Como no Entroido imos facer o indio, non está de máis que vaiamos mirando esta páxina.

Mapa humano: Pobos nativos de América

Tes moito para bucear.

2011-12-30

O último en tecnoloxía

O Trasno do Salón
recoméndavos encarecidamente
regalar esta últimísima
 -e utilísima-
tecnoloxía
aos vosos seres queridos.

video

2011-12-16

O galego é o idioma propio de Galicia

 "Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso rouco son.
Máis só os ignorantes
e féridos e duros
imbéciles e escuros
non nos entenden non"

Cando a xustiza perde o sentido común deixa de ser xustiza.

E agora, señor Valedor e Señor Conselleiro,

¿Porque non piden  tamén que elimine esta entrada do Blog?

2011-10-28

As nosas galletas de cabaza

A nosa receita de galletas de cabaza
(Extraída do libro de Postres de Eva Arguiñano)

Ingredientes:
4 culleradas de mantequilla (ou margarina)
10 culleradas de azucre
10 culleradas de fariña
3 ovos (ou ¼ de ducia)
½ vaso de pure de cabaza
100 gr de pastas remolladas en licor.

Antes de nada coce unha boa tallada de cabaza nun pouco de auga e cun chisco de sal.
Despois tritúrao.
Prequenta o forno a 180ºC.
Colles a mantequilla e a bates coa batidora de variñas ata que quede a punto de pomada. Segues remexendo e engades o azucre e os ovos. Segues remexendo e vas botando a fariña pouco a pouco. De seguido incorporas o puré de cabaza.
Na placa do forno, cuberta co papel especial para forno, vas botando porcións da mezcla e por riba delas vas poñéndolles as pasas.
Forneas durante uns 10-12 minutos a 180ºC.
Deixas enfriar ben e, ou as serves e dades conta delas ou as gardas nunha latiña para ir tomando durante a semana acompañadas dun cacao quentiño.

Que aproveite

2011-10-27

Samaín e magostos

Hoxe celebramos as festas do Samaín e o magosto. Había antroidos e  monstros por todas partes (empezando pola sala de mestres) e..Ata arañas nos praaaaaaaaatos ! Buaaaaaaaaag!.
        Aprendéronnos no Salón a orixe desta celebración: disque ven dende hai máis de dous mil anos cando se espantaba ás almas do máis aló con caveiras acesas con graxa animal.
En inglés coñecemos a Jack O´Lantern.



 Despóis do xantar fixemos obradoiros con castañas e noces.

2011-09-27

Actividade sobre o Bosque

Na páxina WEB do CEIP de Pedrouzos, do Concello de Brión, atopamos esta interesante presentación sobre o Bosque, que nos vai vir moi ben para o noso tema
"Que din os rumorosos".

Fai clic no enlace.


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipdepedrouzos/aulavirtual/file.php/28/limbosque/bosqueportada.html

2010-02-11

Hai que ser...

Case dous anos sen tocar o blog.
Resulta que unhas cantas familias non dan autorización para a publicación das fotos dos fillos. E non vou andar borrando esta cara sí, esta cara non.
- Ai... é con todo o que che pasa por aí. E mira que se lles pasa algo aos nenos (si, ouh si, vanlles roubar a ialma se aparecen no internete, como pensaban naquelas tribus africanas sobre as fotografías)
- É que con todo o que se escoita do internete ese. (Si señora, diga que si, que o internet élle coma un lobo que se papa aos nenos crús e sen patacas nin nada)
- É que a saber o que poden facer coas fotos dos nenos. (Sí, vestilos de lagarteranas)

Pois éche o que temos...
País...

Este blog só se debe ver con invitación expresa do autor, feita persoalmente por correo electrónico.
Se vostede non foi invitado, non debería estar aquí, así que, por favor, dealle a X que está no cadradiño de arriba á dereita e saia axiña.

Perdón polas molestias.

2008-10-20

II Encontros de Bibliotecas Escolares



E alí foron, Pilar e Javier, a Santiago, xunto con outros mil mestres, a coñecer outras experiencias de Bibliotecas Escolares.

Agardamos que veñan con moitas ideas.

2008-10-19

Un concerto no Salón

Vai forma máis boa de empezar un tema: Letras de auga.

Paula co violín e Javier cos textos ofrecéronnos un concerto con recital poético.

Poemas de Antonio García Teijeiro, de Manuel María e de Rosalía de Castro acompañados por música clásica e de Amancio Prada.

Todo un luxo.

Podedes ver xa o vídeo. E se o queredes podedes velo en calidade DVD no colexio.

video